lunes, 29 de abril de 2019

Xogando coa Señorita Bubble

Dentro do clube de lectura de "A señorita Bubble" da escritora Ledicia Costas, o noso alumnado de 5º de Primaria elaborou un taboleiro para o escornabot.

O taboleiro consiste nun xogo de preguntas sobre a o libro de " A señorita Bubble". Para avanzar polo taboleiro, contan coa axuda de dous dados: un que lles indica o número de veces que teñen que avanzar ou retroceder e o outro dado lles indica a dirección.

O noso alumnado pasouno moi ben poñéndose a proba sobre quen sabe máis sobre o libro. Pero sen dúbida algunha, o mellor agasallo foi poder amosarlle a nosa querida Ledicia o noso xogo.

Aquí vos deixamos unha mostra do traballo realizado.