viernes, 30 de noviembre de 2018

XOGANDO CÓ ESCORNABOT NA HORA DE LER

Estamos encantados de contar cos escornabots na nosa biblioteca, xa que son unha maneira de traballar diferentes contidos dunha maneira moi lúdica. 

Hoxe queremos presentarvos un exemplo de actividade cos mesmos.

A actividade chámase "O escornabot xoga có Ratiño Perez" e levouse a cabo na "Hora de Ler" do alumnado de 1º de Primaria do noso centro.

Como actividade de partida, a titora leu co seu alumnado o conto "Ratoncito Pérez" de Ana Serna - Vara da editorial Susaeta. Unha vez rematado, presentouselles aos alumnos o noso escornabot o taboleiro de xogo e o regulamento:







E para que vexades o ben que o pasamos, aquí vos deixamos un vídeo dos nosos alumnos probando o xogo:





Esperamos que vos guste

No hay comentarios:

Publicar un comentario