lunes, 3 de junio de 2019

Xogando coas Letras Galegas

Dende o Equipo de Normalización Lingüística e en coordinación co Equipo da Biblioteca e resto de Equipo Docente, decidiuse elaborar un xogo para o escornabot cos autores e autoras homenaxeados no Día das Letras Galegas.

Aquí vos deixamos un pequena mostra do ben que o pasaron os nosos alumnos xogando cos escornabots e cos nosos escitores e escritoras máis ilustres.






lunes, 29 de abril de 2019

Xogando coa Señorita Bubble

Dentro do clube de lectura de "A señorita Bubble" da escritora Ledicia Costas, o noso alumnado de 5º de Primaria elaborou un taboleiro para o escornabot.

O taboleiro consiste nun xogo de preguntas sobre a o libro de " A señorita Bubble". Para avanzar polo taboleiro, contan coa axuda de dous dados: un que lles indica o número de veces que teñen que avanzar ou retroceder e o outro dado lles indica a dirección.

O noso alumnado pasouno moi ben poñéndose a proba sobre quen sabe máis sobre o libro. Pero sen dúbida algunha, o mellor agasallo foi poder amosarlle a nosa querida Ledicia o noso xogo.

Aquí vos deixamos unha mostra do traballo realizado.






viernes, 30 de noviembre de 2018

XOGANDO CÓ ESCORNABOT NA HORA DE LER

Estamos encantados de contar cos escornabots na nosa biblioteca, xa que son unha maneira de traballar diferentes contidos dunha maneira moi lúdica. 

Hoxe queremos presentarvos un exemplo de actividade cos mesmos.

A actividade chámase "O escornabot xoga có Ratiño Perez" e levouse a cabo na "Hora de Ler" do alumnado de 1º de Primaria do noso centro.

Como actividade de partida, a titora leu co seu alumnado o conto "Ratoncito Pérez" de Ana Serna - Vara da editorial Susaeta. Unha vez rematado, presentouselles aos alumnos o noso escornabot o taboleiro de xogo e o regulamento:







E para que vexades o ben que o pasamos, aquí vos deixamos un vídeo dos nosos alumnos probando o xogo:





Esperamos que vos guste

jueves, 15 de noviembre de 2018

Titorial para construir un escornabot

Que emoción cando chegaron as caixiñas cos escornabots ao noso cole! Moitos dos nosos alumnos e alumnas e algunhas das nosas mestras non querían deixar pasar a oportunidade de aprender a montar un escornabot de cero. E para que vexades como foi todo o proceso e vos animedes a facelo vós, aquí vos deixamos o noso tutorial. Esperamos que vos guste!



MONTAXE DUN ESCORNABOT from CEIP Ramon Falcon on Vimeo.

miércoles, 7 de noviembre de 2018

Presentámonos.....

Este é o novo espazo da Falconteca que adicaremos aos espazos maker, escornabots, legos... co ánimo de converter a nosa Falconteca, nunha biblioteca creativa.